Inventarios de Pánico

Pequenos anacos de actualidade por José Casás

Menu Close

Deus nos arrede… de rirnos

Isabel II de Inglaterra estará preparando os barcos para tentar invadir A Coruña «once again». E se non está, debía. Ao mellor aínda non se puxo co labor porque non chegou ás súas mans o cartel de Guitián para o Entroido da cidade herculina, no que claramente se fai burla e escarnio do fundador da igrexa anglicana, o rei Enrique VIII. E se non é Enrique, é un tipo que se lle asomella ben. Read more

Meregildo

O pasado 26 de xuño fun -coma todo aquel que leva un DNI enriba- a votar outra vez en menos de medio ano porque disque uns señores de Madrid non se deron posto de acordo. Desde que teño a  «idade legal», nunca faltei a unha festa da democracia e teño que dicir que ao revés que me pasa no resto das festas, cada ano quedo ata máis tarde (benditos recontos). Read more

As frustracións de quen escribe

O fecho está duro. Sempre problemas para abrir a porta. Pero 50€ para cambialo son un luxo que hoxe non quero asumir. Van mellor empregados nunha fin de semana de moita gloria e poucas lembranzas. Tras forzarlle un anaco ao final cede. Read more

Con estas mans

Con estas mans enfrontaches canto traballo se che puxo por diante

Con estas mans aloumiñaches cando o medo paralizaba

Con estas mans fixeches máis leve calquera enfermidade

Con estas mans ensinaches, vaia se ensinaches

Con estas mans apartaches as inxustizas cando abafaban

Con estas mans creaches e sostiveches un mundo no que medrar e aprender

Con estas mans creaches o meu mundo e non haberá días para agradecer…

a ela, e a todas e cada unha delas

Historia breve dun número aleatorio

A Rocío…

Ao longo da súa historia a humanidade creou e perpetuou mitos e lendas, teorías da conspiración varias, arredor dos números. Os números teñen connotacións distintas segundo a cultura, a época e a persoa: un 7 é para moitos a sorte que non queremos buscar e o 13 representa esa sorte que negamos ter.

O 23 toleou (máis) a Jim Carrey nunha película. Aos que seguimos Lost tamén nos deu que pensar o maldito 23.

4-8-15-16-23-42

Brian Jones, Jimmy Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, Amy Winehouse… todos pasaron a historia por morrer antes da hora, neses fatídicos 27 anos.

Poderíamos escribir ensaios enteiros sobre este tema, poderíamos ocupar horas e horas de televisión falando do asunto. Pero polo pouco que busquei, non atopei moita historia arredor do 29 -máis alá de que en febreiro só nos visita cada 4 anos-. É por iso que te animo a que escribas a túa propia historia sobre este número, que durante os próximos 365 días é teu. Que os feitos que se narren do teu 29 sean lembrados e que cren os seus propios mitos e lendas, aínda que sexan para contarlle a 4.

 

Por moitos anos…

¿Te caliento la lechita?

O enunciado que titula este texto foi pronunciado por unha benquerida compañeira nos meus anos de universidade. Ela, que o dixo nun sentido moi inocente, deuse conta nada máis acabar de falar de que aquilo se convertiría nunha xeira de chanzas pola miña parte cuxo significado non teño necesidade de explicar nestas liñas. Read more

De novo #xornalismonotfound

Por moito que queiras crer que non vai volver pasar, pasa. O xornalismo, unha vez máis non estivo a altura dos acontecementos. Mentres escribo estas líneas xa pasaron algo máis de 24 horas do accidente no rally da Coruña no que faleceron 7 persoas e quedaron varios feridos. A maquinaria dos medios de comunicación púxose a traballar de contado e moi pronto comezaron a xurdir as fotografías escabrosas, os vídeos en bucle do accidente, as frases lapidarias resaltando as consecuencias e o fatídico resultado nas vidas das persoas afectadas por unha desgraza como a que aconteceu este sábado en Carral. É dicir, auténtico amarelismo. Read more

Europe is living a celebration

E por que non celebrar? Os gregos xa están sometidos e España medra ao non sei canto por cento que é unha cifra espectacular. Ai, pero existe unha pega. No mundo hai guerras e fame e probeza. Ese terceiro mundo que non é quen de sair adiante polos seus medios. Iso que desde Europa lle regalamos a democracia e as bondades do noso sistema económico. Como non son quen? Read more

A seguir remexendo…

Esta Quinta Feira ó Sol facemos recompilatorio do remexido ata o de agora.

Andivemos por enterros ben «adivertidos» e contivemos a indignación ante a infamia de certo tipo de xornalismo, ese que gosta de vivir axeonllado sen contarnos o que realmente acontece. Algo deso saben nos nosos «Untamentos». Read more

Gentrification

Xoán está moi contento porque adquiriu un apartamento nos arrabaldes da cidade, destes de planta baixa. Pequeno, cuco pero moi luminoso -é todo fiestras- e sobre todo, está ben situado. Trátase dunha zona ultimamente moi solicitada e atopar unha vivenda cunha relación calidade-prezo aceptable non é para nada sinxelo. Debe ser que é verdade que o mercado inmobiliario volve estar medrando (onde vai a crise?). Pero el tivo sorte. O banco púxollo máis que fácil para que se instalara alí o antes posible. O caso é que Xoán tiña un espazo para espallarse como ser humano. Read more