Aínda que os focos das cámaras sigan apuntando cara Brasil, en Gaza estase a producir unha escalada de violencia e un recrudecemento do conflicto no que coma sempre, a peor parte estana levando os máis débiles. Máis de 80 vítimas mortais civís palestinas pola chamada Operación Marxe Protector, que se resume nos incesantes bombardeos do exército do aire de Israel sobre supostos obxectivos militares en Gaza. O certo é que desta hora 22 nenos, 15 mulleres e 12 anciáns foron asasinados durante os ataques. Mentres, Hamás asume o lanzamento de un gran número de cohetes con obxectivos en Xerusalén e Tel Aviv entre outras. Ditos ataques non causaron, polo momento, ningunha vítima, pero Palestina segue sangrando.

Non se sabe cando rematará a loucura que leva máis de medio siglo reinando en Terra Santa. Con todo, hai xente que tenta de buscar os porqués e explicarlle o mundo como se chegou a isto. Os camiños son moitos e moitas veces as palabras non chegan. Creo que Nina Paley, autora do seguinte vídeo, constrúe en forma de músical unha crítica mordaz e orixinal sobre unha situación a que todo o mundo lle está dando a espalda.

This Land is Mine, o musical

This Land Is Mine from Nina Paley on Vimeo.