Inventarios de Pánico

Pequenos anacos de actualidade por José Casás

Menu Close

Page 3 of 3

Espectáculo

«Puf, que calor fai…! Estoume abafando…»

Carolina nunca levou ben os climas cálidos. Ela estaba deseñada xenéticamente para o norte, roiba como era ela. Sentía como se lle derretían as pencas. Todo semellaba derreterse, coma no cadro de Dalí. As súas ilusións tamén sucumbiran aos efectos da calor case 24 horas despois de chegar a aquel lugar. Nunca o diría. Facía tan só dúas semanas que comezara como redactora no programa. Pouco importaban os cartos, estaba traballando naquilo que ela quería, e sen máis nen máis, acabou nunha viaxe a Gaza. Read more

«This land is mine», un musical como radiografía do que acontece en Terra Santa

Aínda que os focos das cámaras sigan apuntando cara Brasil, en Gaza estase a producir unha escalada de violencia e un recrudecemento do conflicto no que coma sempre, a peor parte estana levando os máis débiles. Máis de 80 vítimas mortais civís palestinas pola chamada Operación Marxe Protector, que se resume nos incesantes bombardeos do exército do aire de Israel sobre supostos obxectivos militares en Gaza. O certo é que desta hora 22 nenos, 15 mulleres e 12 anciáns foron asasinados durante os ataques. Mentres, Hamás asume o lanzamento de un gran número de cohetes con obxectivos en Xerusalén e Tel Aviv entre outras. Ditos ataques non causaron, polo momento, ningunha vítima, pero Palestina segue sangrando. Read more

Os ecos da República resoaron na Coruña

Cúmprese un mes escaso da abdicación express de Don Juan Carlos de Borbón no seu fillo, agora Felipe VI. Tanto a abdicación do vello rei como a proclamación do novo foron e siguen sendo obxecto de polémica na sociedade galega e española. Forzas políticas de esquerda, impulsadas polo furor da rúa, reclamaron a apertura dun proceso constituínte onde os cidadáns e as cidadás teñan voz e voto. Read more

«Os que mandan no mundo do xornalismo non acaban de entender cara onde vai o mundo»

Esta semana tiven unha conversa ben agradable. No acolledor ambiente de La Industrial, en Compostela, e coa choiva decorando os exteriores, compartín un anaco con Raquel C. Pico, unha das creadoras do medio de tendencias made in Galicia máis seguido: Disquecool. As orixes de Disque, Internet, o xornalismo (un morto moi vivo) e algunhas outras cousas centraron a nosa conversación. O café estaba moi bo tamén… Read more

Os exemplos

Leopold Bloom falou en galego antes que en ningunha outra lingua da Iberia alá polo ano 1926.  Don Ramón foi quen de traer ás nosas palabras a xenialidade narrativa do irlandés James Joyce. O Dublín de Ulises respirou na nosa lingua no breve suspiro que supoñen seis capítulos para tan grande obra literaria, pero respirou. Reducir este feito a anécdota sería propio de porcos que camiñan de pé. Suporía desmerecer o labor dun colectivo de homes que puxeron o protagonismo en Nós, nun mundo no que viviamos totalmente Inadaptados. Read more

Escoita as risas

Unha nube de paraugas cobre o tupido céspede do camposanto. Chove abondo. Son as cinco da tarde e as campás tocan a defunto. Un corredor ábrese ante a chegada do séquito encabezado por cinco curas, cinco. Cantan e expanden o cheiro narcotizante do incienso. Tras deles, sostido sobre seis ombreiros que nunca quixeron ter esa carga, vai “O Defunto”. Dentro dunha pesada caixa de madeira de piñeiro escura, como sempre quixo. Uns pasos máis atrás, torpe e sen forzas, sostida polos seus fillos, camiña a viúva. Non chora, só mira cara adiante. Nin sequera é quen de escoitar o marmurio distendido formado ó seu arredor. Escoita as risas. Read more

“Somos o que soñamos”. Crónica do Culturgal 2013

Empezo o que pretendía ser unha crónica da última edición do Culturgal, que como moitos e moitas saberedes trátase dun gran encontro onde se dan cita tódolos entes que conforman o tecido das industrias culturais galegas. Evento que tivo lugar esta fin de semana (do venres 29 ao domingo 1) no Pazo da Cultura de Pontevedra. Era a miña primeira vez nun Culturgal, que xa vai pola súa sétima edición, consolidándose como unha das citas ineludibles do calendario.

Read more

Asumímo-lo complexo

As liñas que escribirei a continuación van tratar dun tema que entendo a moi poucos lle importará. Pero ganas de escribir non me faltan e mentres que os amables xestores de Achtung me deixen… Como dicía, o tema sobre o que quero compartir unhas liñas ten que ver coa miña lingua, o galego, e cunha das súas variantes dialectais, a cal practico con asiduidade e naturalidade: a gheada.

Read more

Finlandia ou de por que as comparacións son odiosas

Finlandesa, 23 anos. Naceu e criouse en Lapinlahti, unha pequena vila da zona central do país escandinavo. É loira, aínda que iso non é algo estraño sabendo de onde procede. Chámase Emmi Kääriäinen. Non é famosa nin tampouco gañou o Nobel. Simplemente estuda Linguas Romances na Universidade de Jyväskilä e quere ser profesora. A priori, non tería nada de especial se non fose por que Emmi forma parte dun dos mellores sistemas educativos do mundo. Nunha tranquila conversa por Skype, a nosa protagonista contoume (nun castelán máis que fluído) a través da súa experiencia como estudante e como futura docente as claves do éxito da Educación no seu país. Read more

¡Qué soy compañero coño!

Non sei se vos pasa pero a min cústame cada vez máis ver as noticias ou como diría miña avoa, o parte. A hora do xantar vén acompañada por telediarios que aderezan as nosas vidas cun pouco máis de frustración e desesperanza. Así, presenciamos semana tras semana, o anuncio dunha nova medida económica -seguramente decidida en non se sabe que escuro despacho- e que normalmente significan retrocesos nos dereitos sociais dos cidadáns. A crispación e o descontento social son a tónica xeral no noso día a día e ante esta situación, a xente deféndese cunha das poucas armas das que o “sistema democrático” nos dotou: o dereito a manifestación.

Read more