Esta Quinta Feira ó Sol facemos recompilatorio do remexido ata o de agora.

Andivemos por enterros ben «adivertidos» e contivemos a indignación ante a infamia de certo tipo de xornalismo, ese que gosta de vivir axeonllado sen contarnos o que realmente acontece. Algo deso saben nos nosos «Untamentos».

Démoslle as patadas a un balón sen aire e soubemos dos resultados da imposición do galego nas cidades. Probes nen@s…

Tamén collemos un barco sen rumbo e un avión sen billete de volta camiño da emigración. Durmimos con frío e con fame ó lado de cafeterías de 3,50€ o café.

Decidimos condenar á vítima e aplaudirlle á masa de testosterona con patas. Coñecemos a unha señora con moito por fóra e pouco por dentro e fixemos o salto máis digno da historia con Adelaida. Ai, Adelaida…

Os Inventarios seguen medrando, pero sempre é necesario facer un alto no camiño.

A seguir remexendo…