Basilio baixa tódolos días ó bar de sempre para ler o xornal -mellor dito, os xornais- mentres toma un café. O petillo era un acompañante habitual nalgunha hora, pero entre o médico e Zapatero matáronlle o vicio. Boa cousa a de matar vicios. Normalmente é ó revés. Séntase na súa mesa de sempre. Non ten falta de pedir. Pedro, o dono do bar, sabe perfectamente o que quere: un café con gotas para quentar e espabilar o corpo. As mañás son agora frías e o corpo dun vellouco coma el non quence así polas boas. Pedro non é deses que che gardan o décimo premiado co Gordo da Lotería, pero ten un dos mellores cafés en quilómetros á redonda, e desde logo faicho con cariño. A caña é caseira, forte, como lle gusta á Basilio. Read more