As portas daquel edificio eran enormes. De verdade aquilo era unha escola? Máis ben parecían as portas dun castelo coma os que saían nas películas dos sábados á noite. Mirou para súa nai con certa cara de súplica. Ela comprendeu a expresión ó instante e díxolle con agarimo:

– Veña, xa verás que fas moitos amigos hoxe.

Non respondeu, pero si recibiu con ganas o bico de súa nai e comezou a camiñar con pouco ánimo cara a aquelas inmensas portas con máis medo que outra cousa. Era o primeiro día naquel colexio, o segundo día naquela ciudá. Seu pai conseguira un bo traballo e a mudanza foi obrigada. Dun día para o outro a cociña de ferro, a eira e o cruceiro quedaron atrás. No sitio unha morea de xente apurada, o dobre de coches e aquel piso tan pequeno. Parecía máis unha gaiola que un lugar para vivir. Read more