Unha nube de paraugas cobre o tupido céspede do camposanto. Chove abondo. Son as cinco da tarde e as campás tocan a defunto. Un corredor ábrese ante a chegada do séquito encabezado por cinco curas, cinco. Cantan e expanden o cheiro narcotizante do incienso. Tras deles, sostido sobre seis ombreiros que nunca quixeron ter esa carga, vai “O Defunto”. Dentro dunha pesada caixa de madeira de piñeiro escura, como sempre quixo. Uns pasos máis atrás, torpe e sen forzas, sostida polos seus fillos, camiña a viúva. Non chora, só mira cara adiante. Nin sequera é quen de escoitar o marmurio distendido formado ó seu arredor. Escoita as risas. Read more