Ela non merece que ti só a consideres un anaco de carne no que poder saciar a túa luxuria. Nunca foi a súa intención poñerse guapa para ti. Non ten por que facerche caso se ela non quere. E non ten que ser considerada unha puta porque lle fixera caso a el e a ti non.

Ela non merece que penses que naceu para facerche a comida e lavarche os calzóns -que por certo tes sempre cagados-.

Ela non merece cada unha das humillacións e insultos que proliferas contra dela diante dos teus amigotes. Non ten porque soportar que ataques a súa autoestima constantemente.

Ela non merece que traizoes a súa confianza e publiques na rede fotografías dela espida. Pensaba que eras de fiar e acabou sometida ao escarnio público. A súa privacidade, aínda que a compartira contigo, segue sendo súa.

Ela non merece que penses que lle podes dicir calquera barbaridade porque estéa detrás dunha barra, non lle vai no soldo.

Ela non merece non ser contratada ou cobrar aínda menos que ti polo mesmo traballo.

Ela non merece un Goberno que quere decidir sobre o seu ventre e que a trata de simple recipiente. Non veu a este mundo só a parir e criar. Non merece estes ministros de Deus que levan desde o principio dos tempos culpabilizándoa dos males do mundo. Xa se sabe quen probou a mazá primeiro…

Ela non merece un sistema educativo que non é quen de ensinarlles aos homes e a elas mesmas que todos somos seres humanos, iguais e libres. Non merece que se incida máis no “aprende a defenderte” que no “aprende a non pegar”.

Ela no merece e se ti consideras que o merece, na mereces.

E o que menos merece é que deixes o teu selo bastardo na súa cara, desgraciado.

Ela no merece…