Esta semana tiven unha conversa ben agradable. No acolledor ambiente de La Industrial, en Compostela, e coa choiva decorando os exteriores, compartín un anaco con Raquel C. Pico, unha das creadoras do medio de tendencias made in Galicia máis seguido: Disquecool. As orixes de Disque, Internet, o xornalismo (un morto moi vivo) e algunhas outras cousas centraron a nosa conversación. O café estaba moi bo tamén… Read more