Isabel II de Inglaterra estará preparando os barcos para tentar invadir A Coruña «once again». E se non está, debía. Ao mellor aínda non se puxo co labor porque non chegou ás súas mans o cartel de Guitián para o Entroido da cidade herculina, no que claramente se fai burla e escarnio do fundador da igrexa anglicana, o rei Enrique VIII. E se non é Enrique, é un tipo que se lle asomella ben. Read more
Category: Opinión
O fecho está duro. Sempre problemas para abrir a porta. Pero 50€ para cambialo son un luxo que hoxe non quero asumir. Van mellor empregados nunha fin de semana de moita gloria e poucas lembranzas. Tras forzarlle un anaco ao final cede. Read more
Con estas mans enfrontaches canto traballo se che puxo por diante
Con estas mans aloumiñaches cando o medo paralizaba
Con estas mans fixeches máis leve calquera enfermidade
Con estas mans ensinaches, vaia se ensinaches
Con estas mans apartaches as inxustizas cando abafaban
Con estas mans creaches e sostiveches un mundo no que medrar e aprender
Con estas mans creaches o meu mundo e non haberá días para agradecer…
…a ela, e a todas e cada unha delas
O enunciado que titula este texto foi pronunciado por unha benquerida compañeira nos meus anos de universidade. Ela, que o dixo nun sentido moi inocente, deuse conta nada máis acabar de falar de que aquilo se convertiría nunha xeira de chanzas pola miña parte cuxo significado non teño necesidade de explicar nestas liñas. Read more
Por moito que queiras crer que non vai volver pasar, pasa. O xornalismo, unha vez máis non estivo a altura dos acontecementos. Mentres escribo estas líneas xa pasaron algo máis de 24 horas do accidente no rally da Coruña no que faleceron 7 persoas e quedaron varios feridos. A maquinaria dos medios de comunicación púxose a traballar de contado e moi pronto comezaron a xurdir as fotografías escabrosas, os vídeos en bucle do accidente, as frases lapidarias resaltando as consecuencias e o fatídico resultado nas vidas das persoas afectadas por unha desgraza como a que aconteceu este sábado en Carral. É dicir, auténtico amarelismo. Read more
E por que non celebrar? Os gregos xa están sometidos e España medra ao non sei canto por cento que é unha cifra espectacular. Ai, pero existe unha pega. No mundo hai guerras e fame e probeza. Ese terceiro mundo que non é quen de sair adiante polos seus medios. Iso que desde Europa lle regalamos a democracia e as bondades do noso sistema económico. Como non son quen? Read more
Unha expresión que se lle escoita de cote ós vellos -e ós que non o son tanto- é a de «algo faría…». Confeso que a odio. Detéstoa porque en máis dunha ocasión trata de buscar explicación no inexplicable. Algún alcalde xa o ten dito con moi pouca fortuna e levou moito menos escarmento do que a xuizo de quen escribe estas liñas mercía. Pero ese é outro tema. Read more
Ela non merece que ti só a consideres un anaco de carne no que poder saciar a túa luxuria. Nunca foi a súa intención poñerse guapa para ti. Non ten por que facerche caso se ela non quere. E non ten que ser considerada unha puta porque lle fixera caso a el e a ti non.
Ela non merece que penses que naceu para facerche a comida e lavarche os calzóns -que por certo tes sempre cagados-. Read more
As liñas que escribirei a continuación van tratar dun tema que entendo a moi poucos lle importará. Pero ganas de escribir non me faltan e mentres que os amables xestores de Achtung me deixen… Como dicía, o tema sobre o que quero compartir unhas liñas ten que ver coa miña lingua, o galego, e cunha das súas variantes dialectais, a cal practico con asiduidade e naturalidade: a gheada.
Non sei se vos pasa pero a min cústame cada vez máis ver as noticias ou como diría miña avoa, o parte. A hora do xantar vén acompañada por telediarios que aderezan as nosas vidas cun pouco máis de frustración e desesperanza. Así, presenciamos semana tras semana, o anuncio dunha nova medida económica -seguramente decidida en non se sabe que escuro despacho- e que normalmente significan retrocesos nos dereitos sociais dos cidadáns. A crispación e o descontento social son a tónica xeral no noso día a día e ante esta situación, a xente deféndese cunha das poucas armas das que o “sistema democrático” nos dotou: o dereito a manifestación.