A Rocío…

Ao longo da súa historia a humanidade creou e perpetuou mitos e lendas, teorías da conspiración varias, arredor dos números. Os números teñen connotacións distintas segundo a cultura, a época e a persoa: un 7 é para moitos a sorte que non queremos buscar e o 13 representa esa sorte que negamos ter.

O 23 toleou (máis) a Jim Carrey nunha película. Aos que seguimos Lost tamén nos deu que pensar o maldito 23.

4-8-15-16-23-42

Brian Jones, Jimmy Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, Amy Winehouse… todos pasaron a historia por morrer antes da hora, neses fatídicos 27 anos.

Poderíamos escribir ensaios enteiros sobre este tema, poderíamos ocupar horas e horas de televisión falando do asunto. Pero polo pouco que busquei, non atopei moita historia arredor do 29 -máis alá de que en febreiro só nos visita cada 4 anos-. É por iso que te animo a que escribas a túa propia historia sobre este número, que durante os próximos 365 días é teu. Que os feitos que se narren do teu 29 sean lembrados e que cren os seus propios mitos e lendas, aínda que sexan para contarlle a 4.

 

Por moitos anos…