Con estas mans enfrontaches canto traballo se che puxo por diante
Con estas mans aloumiñaches cando o medo paralizaba
Con estas mans fixeches máis leve calquera enfermidade
Con estas mans ensinaches, vaia se ensinaches
Con estas mans apartaches as inxustizas cando abafaban
Con estas mans creaches e sostiveches un mundo no que medrar e aprender
Con estas mans creaches o meu mundo e non haberá días para agradecer…
…a ela, e a todas e cada unha delas