Os Inventarios de Pánico nacen para acabar coas frustracións dun xornalista con moitas ganas de contar historias que sirvan, que sexan útiles para mellorar aquelo que algúns deron en chamar sociedade.
O mundo que nos tocou vivir fíxonos moitas promesas e cumpriunos poucas. Os que mandan, desgobernan e os gobernados asumimos o ostracismo dos nosos propios complexos. Non quero atopar razón para calar cando hai que falar -e ben alto- sobre aqueles que «sofren e padecen inxustizas de cotío».