Cúmprese un mes escaso da abdicación express de Don Juan Carlos de Borbón no seu fillo, agora Felipe VI. Tanto a abdicación do vello rei como a proclamación do novo foron e siguen sendo obxecto de polémica na sociedade galega e española. Forzas políticas de esquerda, impulsadas polo furor da rúa, reclamaron a apertura dun proceso constituínte onde os cidadáns e as cidadás teñan voz e voto.

A Monarquía, afogada polos escándalos da corrupción, púxose máis en dúbida que nunca, aínda que semella que as ansias republicanas xa non captan o interese mediático. En gran parte, porque os grandes partidos se encargaron de que a proclamación fose o máis rápida posible, evitando que as forzas que claman polo cambio do modelo de Estado tivesen tempo sequera de levar a cabo ningún tipo de acción. A división dentro desta «fronte» de esquerda impediu a creación dunha proposta alternativa de calado.

Sen saber se esta «onda republicana» será efémera ou se continuará medrando -algo que se comprobará nas próximas eleccións- este álbum amosa ese furor que xurdiu nas rúas da Coruña trala abdicación. Naquela xornada houbo dúas manifestacións que clamaban por dúas repúblicas diferentes.

A manifestación pola República en imaxes

 

O pase de diapositivas require JavaScript.