Inventarios de Pánico

Pequenos anacos de actualidade por José Casás

Menu Close

Tag: Gaza

Espectáculo

«Puf, que calor fai…! Estoume abafando…»

Carolina nunca levou ben os climas cálidos. Ela estaba deseñada xenéticamente para o norte, roiba como era ela. Sentía como se lle derretían as pencas. Todo semellaba derreterse, coma no cadro de Dalí. As súas ilusións tamén sucumbiran aos efectos da calor case 24 horas despois de chegar a aquel lugar. Nunca o diría. Facía tan só dúas semanas que comezara como redactora no programa. Pouco importaban os cartos, estaba traballando naquilo que ela quería, e sen máis nen máis, acabou nunha viaxe a Gaza. Read more

«This land is mine», un musical como radiografía do que acontece en Terra Santa

Aínda que os focos das cámaras sigan apuntando cara Brasil, en Gaza estase a producir unha escalada de violencia e un recrudecemento do conflicto no que coma sempre, a peor parte estana levando os máis débiles. Máis de 80 vítimas mortais civís palestinas pola chamada Operación Marxe Protector, que se resume nos incesantes bombardeos do exército do aire de Israel sobre supostos obxectivos militares en Gaza. O certo é que desta hora 22 nenos, 15 mulleres e 12 anciáns foron asasinados durante os ataques. Mentres, Hamás asume o lanzamento de un gran número de cohetes con obxectivos en Xerusalén e Tel Aviv entre outras. Ditos ataques non causaron, polo momento, ningunha vítima, pero Palestina segue sangrando. Read more