– Podéis ir en paz- conclúe o párroco.

Piluca persígnase con devoción -como sempre hai que facelo- e colle camiño da porta do templo. Como os espelidos lectores xa imaxinan, Piluca pertence a unha especie moi común na moi diversa fauna da Coruña. Adoitan concentrarse no centro da cidade e son moi recoñecibles: abrigos de pel -o máis das veces sintético- e unha densa capa de maquillaxe nos seus enrugados e afiados rostros. O pelo nácelle máis atrás do que é debido e non hai perfume que disimule ese cheiro permanente a alcanfor. Read more