Inventarios de Pánico

Pequenos anacos de actualidade por José Casás

Menu Close

Page 2 of 3

Machirmo

A Rúa da Pena é un deses lugares que toda vila debería presumir de ter. Un lugar fermoso ós ollos do visitante e familiar e acolledor para quen alí vive. En tempos foi un lugar cheo de coches e barullo, pero agora aquilo era un espazo totalmente humanizado. Os nenos corren polo empedrado pavimento detrás da bola esquivando ós paseantes con extrema habilidade. Mentres, nas terrazas, non cesa a parola. Os comercios debuxan unha colorida estampa que ademais parece funcionar ben, pois o entrar e saír de xente é continuo. Din que a beleza dos ecosistemas se basea no equilibrio e cando o equilibrio se rompe, adeus beleza. Read more

Marcho, que teño que marchar…

As gaivotas destrozaban cos seus berros a serenidade dunhas rúas retrato dunha cidade decadente. A pouca distancia, un gran barco  domina a vista do porto de Vigo. Pedro agarra o saco con forza, que xa se sabe que na cidade hai moito ladrón. Non está cómodo nas grandes aglomeracións. E abofé que naquel peirao había xente. Read more

O máis que coñecido caso de Piluca

– Podéis ir en paz- conclúe o párroco.

Piluca persígnase con devoción -como sempre hai que facelo- e colle camiño da porta do templo. Como os espelidos lectores xa imaxinan, Piluca pertence a unha especie moi común na moi diversa fauna da Coruña. Adoitan concentrarse no centro da cidade e son moi recoñecibles: abrigos de pel -o máis das veces sintético- e unha densa capa de maquillaxe nos seus enrugados e afiados rostros. O pelo nácelle máis atrás do que é debido e non hai perfume que disimule ese cheiro permanente a alcanfor. Read more

Algo farían…

Unha expresión que se lle escoita de cote ós vellos -e ós que non o son tanto- é a de «algo faría…». Confeso que a odio. Detéstoa porque en máis dunha ocasión trata de buscar explicación no inexplicable. Algún alcalde xa o ten dito con moi pouca fortuna e levou moito menos escarmento do que a xuizo de quen escribe estas liñas mercía. Pero ese é outro tema. Read more

Un paso adiante

O zunido da cafeteira indícalle a Adelaida que o café xa está para tomar. Érguese do sofá abandonando a atención que lle estaba a prestar á tele. Coma sempre no telexornal, malas novas.

«Un home duns 55 anos quitou a vida cunha soga esta mañá cando a policía entraba na súa casa para proceder ao seu desafiuzamento. O home, que vivía só, convértese no 10 caso de suicidio durante un desafiuzamento no que vai de ano». Read more

Independencia…

Basilio baixa tódolos días ó bar de sempre para ler o xornal -mellor dito, os xornais- mentres toma un café. O petillo era un acompañante habitual nalgunha hora, pero entre o médico e Zapatero matáronlle o vicio. Boa cousa a de matar vicios. Normalmente é ó revés. Séntase na súa mesa de sempre. Non ten falta de pedir. Pedro, o dono do bar, sabe perfectamente o que quere: un café con gotas para quentar e espabilar o corpo. As mañás son agora frías e o corpo dun vellouco coma el non quence así polas boas. Pedro non é deses que che gardan o décimo premiado co Gordo da Lotería, pero ten un dos mellores cafés en quilómetros á redonda, e desde logo faicho con cariño. A caña é caseira, forte, como lle gusta á Basilio. Read more

Papá, eu non quero ser Cristiano

«Piiiiiiiiiiiiiiii»

Outro gol. Xa van tres. Vaia malleira lles estaban metendo. Estaba farto, non pode ser que non gañaran aínda un só partido en toda a temporada. Xa andaban pola décima xornada. O caso é que esta vez o gol viña dun contraataque tras unha perda de balón súa. Sabía o que significaba iso.

Sempre perdemos e inda enriba chove Read more

Ela no merece

Ela non merece que ti só a consideres un anaco de carne no que poder saciar a túa luxuria. Nunca foi a súa intención poñerse guapa para ti. Non ten por que facerche caso se ela non quere. E non ten que ser considerada unha puta porque lle fixera caso a el e a ti non.

Ela non merece que penses que naceu para facerche a comida e lavarche os calzóns -que por certo tes sempre cagados-. Read more

A ciudá

As portas daquel edificio eran enormes. De verdade aquilo era unha escola? Máis ben parecían as portas dun castelo coma os que saían nas películas dos sábados á noite. Mirou para súa nai con certa cara de súplica. Ela comprendeu a expresión ó instante e díxolle con agarimo:

– Veña, xa verás que fas moitos amigos hoxe.

Non respondeu, pero si recibiu con ganas o bico de súa nai e comezou a camiñar con pouco ánimo cara a aquelas inmensas portas con máis medo que outra cousa. Era o primeiro día naquel colexio, o segundo día naquela ciudá. Seu pai conseguira un bo traballo e a mudanza foi obrigada. Dun día para o outro a cociña de ferro, a eira e o cruceiro quedaron atrás. No sitio unha morea de xente apurada, o dobre de coches e aquel piso tan pequeno. Parecía máis unha gaiola que un lugar para vivir. Read more

Untamento

Volvían petar na porta. Era a quinta vez aquela mañán. Así non había quen traballara. Facía frío aquel día. Naquel edificio non había quen fose capaz de poñer a calefacción. Todo o tiña que facer el. Nin que fora Deus. De mala gana, pronunciou, por quinta vez aquela fría mañán, a maldita palabra:

– Adiante.

– Pódese? – dixo unha voz aguda. Read more