Xoán está moi contento porque adquiriu un apartamento nos arrabaldes da cidade, destes de planta baixa. Pequeno, cuco pero moi luminoso -é todo fiestras- e sobre todo, está ben situado. Trátase dunha zona ultimamente moi solicitada e atopar unha vivenda cunha relación calidade-prezo aceptable non é para nada sinxelo. Debe ser que é verdade que o mercado inmobiliario volve estar medrando (onde vai a crise?). Pero el tivo sorte. O banco púxollo máis que fácil para que se instalara alí o antes posible. O caso é que Xoán tiña un espazo para espallarse como ser humano. Read more
Page 2 of 4
A Rúa da Pena é un deses lugares que toda vila debería presumir de ter. Un lugar fermoso ós ollos do visitante e familiar e acolledor para quen alí vive. En tempos foi un lugar cheo de coches e barullo, pero agora aquilo era un espazo totalmente humanizado. Os nenos corren polo empedrado pavimento detrás da bola esquivando ós paseantes con extrema habilidade. Mentres, nas terrazas, non cesa a parola. Os comercios debuxan unha colorida estampa que ademais parece funcionar ben, pois o entrar e saír de xente é continuo. Din que a beleza dos ecosistemas se basea no equilibrio e cando o equilibrio se rompe, adeus beleza. Read more
As gaivotas destrozaban cos seus berros a serenidade dunhas rúas retrato dunha cidade decadente. A pouca distancia, un gran barco domina a vista do porto de Vigo. Pedro agarra o saco con forza, que xa se sabe que na cidade hai moito ladrón. Non está cómodo nas grandes aglomeracións. E abofé que naquel peirao había xente. Read more
– Podéis ir en paz- conclúe o párroco.
Piluca persígnase con devoción -como sempre hai que facelo- e colle camiño da porta do templo. Como os espelidos lectores xa imaxinan, Piluca pertence a unha especie moi común na moi diversa fauna da Coruña. Adoitan concentrarse no centro da cidade e son moi recoñecibles: abrigos de pel -o máis das veces sintético- e unha densa capa de maquillaxe nos seus enrugados e afiados rostros. O pelo nácelle máis atrás do que é debido e non hai perfume que disimule ese cheiro permanente a alcanfor. Read more
Unha expresión que se lle escoita de cote ós vellos -e ós que non o son tanto- é a de «algo faría…». Confeso que a odio. Detéstoa porque en máis dunha ocasión trata de buscar explicación no inexplicable. Algún alcalde xa o ten dito con moi pouca fortuna e levou moito menos escarmento do que a xuizo de quen escribe estas liñas mercía. Pero ese é outro tema. Read more
O zunido da cafeteira indícalle a Adelaida que o café xa está para tomar. Érguese do sofá abandonando a atención que lle estaba a prestar á tele. Coma sempre no telexornal, malas novas.
«Un home duns 55 anos quitou a vida cunha soga esta mañá cando a policía entraba na súa casa para proceder ao seu desafiuzamento. O home, que vivía só, convértese no 10 caso de suicidio durante un desafiuzamento no que vai de ano». Read more
Basilio baixa tódolos días ó bar de sempre para ler o xornal -mellor dito, os xornais- mentres toma un café. O petillo era un acompañante habitual nalgunha hora, pero entre o médico e Zapatero matáronlle o vicio. Boa cousa a de matar vicios. Normalmente é ó revés. Séntase na súa mesa de sempre. Non ten falta de pedir. Pedro, o dono do bar, sabe perfectamente o que quere: un café con gotas para quentar e espabilar o corpo. As mañás son agora frías e o corpo dun vellouco coma el non quence así polas boas. Pedro non é deses que che gardan o décimo premiado co Gordo da Lotería, pero ten un dos mellores cafés en quilómetros á redonda, e desde logo faicho con cariño. A caña é caseira, forte, como lle gusta á Basilio. Read more
«Piiiiiiiiiiiiiiii»
Outro gol. Xa van tres. Vaia malleira lles estaban metendo. Estaba farto, non pode ser que non gañaran aínda un só partido en toda a temporada. Xa andaban pola décima xornada. O caso é que esta vez o gol viña dun contraataque tras unha perda de balón súa. Sabía o que significaba iso.
Sempre perdemos e inda enriba chove Read more
Ela non merece que ti só a consideres un anaco de carne no que poder saciar a túa luxuria. Nunca foi a súa intención poñerse guapa para ti. Non ten por que facerche caso se ela non quere. E non ten que ser considerada unha puta porque lle fixera caso a el e a ti non.
Ela non merece que penses que naceu para facerche a comida e lavarche os calzóns -que por certo tes sempre cagados-. Read more
As portas daquel edificio eran enormes. De verdade aquilo era unha escola? Máis ben parecían as portas dun castelo coma os que saían nas películas dos sábados á noite. Mirou para súa nai con certa cara de súplica. Ela comprendeu a expresión ó instante e díxolle con agarimo:
– Veña, xa verás que fas moitos amigos hoxe.
Non respondeu, pero si recibiu con ganas o bico de súa nai e comezou a camiñar con pouco ánimo cara a aquelas inmensas portas con máis medo que outra cousa. Era o primeiro día naquel colexio, o segundo día naquela ciudá. Seu pai conseguira un bo traballo e a mudanza foi obrigada. Dun día para o outro a cociña de ferro, a eira e o cruceiro quedaron atrás. No sitio unha morea de xente apurada, o dobre de coches e aquel piso tan pequeno. Parecía máis unha gaiola que un lugar para vivir. Read more